Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Os retos da dirección pública: dun modelo xerencial a un modelo institucional-xerencial.
Os retos da dirección pública: dun modelo xerenc...
Xoves, 26 de Marzo de 2009
  •  
    •  
    •  
    •  

  Reproducións 19857
Publicar en redes sociais    
Descrición
Carlés Ramió Matas, director xeral da Escola de Administración Pública de Cataluña.

Exposición das pautas xerais para conseguir mellorar a administración pública coa colaboración dos directivos. Entre os principais problemas existentes nesta labor destaca a dificultade para separar a dimensión política da institucional. Tampouco se recomenda que o poder se concentre nunha soa persoa favorecendo o reparto na toma de decisións. Destácase a importancia da formación dos directivos, que deben recibir unha aprendizaxe con diferentes visións, para deste xeito mellorar a súa capacidade de análise.

Por outra banda, analízanse os elementos que deberían ter en conta os directivos para mellorar a administración, avogando por restarlle importancia á labor de xestión pública e promover unha visión máis estratéxica e institucional. Tamén se alerta sobre o risco de transformar aos cidadáns en clientes.

CANLES
OS + VISTOS
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212