Reflexión sobre o sentido da dirección pública nas administracións ao longo dos últimos anos, explicando as calidades tanto dunha boa administración como dun bo directivo.
Analízase o paradigma da burocracia, que se crea para asegurar a eficiencia da administración tanto de maneira interna como externa. Explícase a súa evolución durante os últimos anos, que deu lugar a novos deseños organizativos na administración pública, e a súa relación co capitalismo. Tamén se fai referencia á xestión por áreas, que reclama diferentes esixencias dependendo da área da administración e formación específica. O xestor público debe converterse no arquitecto dun sistema de interaccións entre as diferentes administracións, actores sociais e actores empresariais; e realizalo todo de xeito transparente.