Exposición das pautas xerais para conseguir mellorar a administración pública coa colaboración dos directivos. Entre os principais problemas existentes nesta labor destaca a dificultade para separar a dimensión política da institucional. Tampouco se recomenda que o poder se concentre nunha soa persoa favorecendo o reparto na toma de decisións. Destácase a importancia da formación dos directivos, que deben recibir unha aprendizaxe con diferentes visións, para deste xeito mellorar a súa capacidade de análise.
Por outra banda, analízanse os elementos que deberían ter en conta os directivos para mellorar a administración, avogando por restarlle importancia á labor de xestión pública e promover unha visión máis estratéxica e institucional. Tamén se alerta sobre o risco de transformar aos cidadáns en clientes.