A aprobación da nova lei da Función Pública de Galicia vén obrigada pola reforma lexislativa que a nivel estatal supuxo o EBEP -se ben diferentes CCAA elaboraron os correspondentes proxectos de lei, a nivel do Estado aínda non foi aprobada a Lei de desenvolvemento do Estatuto Básico-.
Neste relatorio son abordadas as principais novidades recollidas no proxecto de lei: así, por exemplo, a ampliación do ámbito de aplicación, coa finalidade de homoxeneizar o réxime de todos os empregados públicos e aproximar o réxime do persoal estatutario ao funcionario; a creación do Consello Galego de Coordinación do Emprego Público, adscrito á Consellería competente en materia de Administracións Públicas e orientado á coordinación interadministrativa en materia de emprego público.