O réxime económico orzamentario e de control que se establece no Anteproxecto de Lei de Organización e Funcionamento da Administración Xeral e o Sector Público Autonómico de Galicia faise necesaria posto que actualmente existe unha gran variedade de lexislación. En moitos casos, estas entidades presentan unha falta de regulación polo que respecta ao seu control. Mediante a nova normativa, o que se pretende é aplicar un réxime financeiro e de control único.
Outros aspectos destacados son a realización dunha regulación detallada das Axencias e a concreción da definición das Fundacións do Sector Público Autonómico. Faise referencia ao obxectivo de estabilidade orzamentaria, presente tamén nos entes instrumentais, por canto estes consolidan as súas contas coa CCAA.