A cidadanía é cada vez máis esixente no que respecta á demanda de servizos por parte das AAPP e considera que as TIC se poden converter nun motor de cambio, para a mellora na prestación dos servizos. Son abordadas as vantaxes do uso das novas tecnoloxías por parte das Administracións, dende diferentes vertentes, aumento da transparencia, mellora das sinerxías entre AAPP, maior acceso dos cidadáns á información, aumento da proximidade ao cidadán, incremento da competitividade, etc.
Faise referencia á publicación no ano 2007 da Lei de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos, que leva implícita a obriga de prestación de servizos telemáticos por parte das Administracións; e, por outra parte, faise mención a unha serie de indicadores do Observatorio da Sociedade da Información e do INE, relativos ao acceso ás TIC por parte da cidadanía.