Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A directora da EGAP informa ao Consello Reitor sobre as actividades levadas a cabo na Escola en 2017

    A Escola / Xoves, 20 de Xullo de 2017.

    Esta mañá reuniuse en Santiago de Compostela o Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, onde a directora do centro, Sonia Rodríguez-Campos, presentou un informe sobre as actividades levadas a cabo por este organismo entre os meses de xaneiro e xullo e informou sobre as que se celebrarán ata o final do ano.
  • Premio de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

    A Escola / Martes, 16 de Maio de 2017.

    Co gallo do Día das Letras Galegas e de render homenaxe á figura de Carlos Casares, a Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 16 de maio as bases dun concurso de literatura infantil e xuvenil destinado ás nenas e aos nenos galegos con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos.
  • A EGAP destaca a labor de promoción e defensa da lingua galega levada a cabo por Carlos Casares

    A Escola / Venres, 12 de Maio de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) iniciou esta mañá as celebracións conmemorativas do Día das Letras Galegas cun acto literario dedicado a Carlos Casares ao que asistiron Alfonso Rueda, vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP.
  • A Escola convoca os actos en conmemoración do Día das Letras Galegas

    A Escola / Venres, 5 de Maio de 2017.

    A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2017 ao escritor e editor ourensán Carlos Casares (1941-2002). A EGAP, como institución pública galega, súmase á homenaxe deste galego insigne organizando un acto literario, así como unha viaxe de interese cultural.
  • A Escola Galega de Administración Pública forma a persoal técnico no novo marco normativo do urbanismo en Galicia

    A Escola / Luns, 24 de Abril de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia inauguraron esta tarde un curso conxunto coa finalidade de divulgar e formar aos profesionais técnicos nas novidades da Lei 2/2016 do solo de Galicia, o seu regulamento e o regulamento de actividades económicas e apertura de establecementos.
    A directora da EGAP lembrou que a recente aprobación de normativas que afectan ao eido urbanístico, xunto cos cambios económicos, sociais e ambientais, fan indispensable programar unha formación especializada neste eido
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 42 de 86
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212