A comisión de avaliación, despois de revisar todas as solicitudes recibidas, fai públicos os resultados de baremación da bolsa de bolsa de formación na área de documentación e biblioteconomía convocada no DOG do 25 de abril de 2013.
En virtude do convenio de colaboración asinado o 3 de xaneiro de 2013 entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o 15 de xaneiro co Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia e o Consello Económico e Social de Galicia, ponse en marcha un curso medio de linguaxe administrativa galega.
A través do convenio de colaboración asinado o 15 de xaneiro de 2013 entre o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-financeira e Contable (CIXTEC) e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) póñense en marcha dúas edicións do curso de dirección e xestión de proxectos informáticos.
O DOG núm. 137, do 19 de xullo de 2013, publica a resolución pola que se convoca o programa de autoformación destinado ao persoal ao servizo da Administración autonómica galega.
A Escola Galega de Administración Pública, dentro do Plan de Formación do 2013 para o persoal da Administración autonómica, convoca 1500 prazas de acceso libre das materias integradas no Plan formativo ofimático de Galicia.