A Escola Galega de Administración Pública inicia unha nova etapa na rede coa publicación dunha páxina web 2.0 e a súa presencia nas principais redes sociais. A través destas canles de comunicación a EGAP abre unha fiestra cara á cidadanía na que comparte máis de mil recursos multimedia que se ampliarán progresivamente.
A EGAP, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política, convoca 3 edicións de linguaxe xurídica galega para o persoal de xustiza que preste servizos efectivos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.