A auga é fonte de vida, de saúde e de riqueza. É un dos elementos realmente "vitais"para o desenvolvemento, non só para as persoas, senón para os animais, as plantas e o conxunto dos seres vivos que poboan o noso planeta.
A crise política sobrevida en España en 1808 pola invasión napoleónica produciu un baleiro de poder, capitalizado polas xuntas locais e as xuntas supremas provinciais que se converteron na única arquitectura do poder executivo.
A Escola Galega de Administración Pública inicia unha nova etapa na rede coa publicación dunha páxina web 2.0 e a súa presencia nas principais redes sociais. A través destas canles de comunicación a EGAP abre unha fiestra cara á cidadanía na que comparte máis de mil recursos multimedia que se ampliarán progresivamente.