Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso monográfico Dereito TIC e compliance

    Cursos / Venres, 31 de Maio de 2019.

    O concepto de compliance, cumprimento legal ou cultura do cumprimento, abarca un conxunto de principios éticos, directrices, códigos de condutas e de boas prácticas que informan e ordenan a actuación das entidades co fin de consolidar e transparentar a filosofía do seu proxecto e articular un conxunto de políticas de prevención e control que as converta en máis confiables, minimizando o risco e xerando, tanto na súa dimensión interna como nas súas relacións externas, unha cultura de observancia da legalidade e de potenciación daqueles valores que as identifique como organizacións responsables e comprometidas coa súa contorna económica, social e cultural.
    Por outra banda, o Regulamento xeral de protección de datos que recentemente entrou en vigor supón novo marco normativo común a toda a Unión Europea, que fai da protección de datos unha área de coñecemento que require un elevado nivel técnico e de comprensión, en que dereito e informática mestúranse de forma irremediable.
  • A EGAP convoca un novo curso superior sobre as leis 39/2015 e 40/2015

    Cursos / Xoves, 9 de Maio de 2019.

    A EGAP convoca o curso superior As leis 39/2015 e 40/2015, do procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público: teoría e práctica coa finalidade de abordar o estudo das citadas normas desde unha perspectiva práctica, para o cal, nunha primeira parte de cada sesión, procederase á análise, estudo e debate dos temas propostos e, na segunda parte, á súa aplicación a través da resolución de supostos prácticos.
  • Curso de servidumes e limitacións sectoriais

    Cursos / Mércores, 8 de Maio de 2019.

    A EGAP e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) convocan un curso sobre servidumes e limitacións sectoriais coa finalidade de que o alumnado poida adquirir os coñecementos necesarios en relación coa normativa que regula as diferentes afeccións sectoriais e os seus procedementos de tramitación, as interaccións entre elas e a súa compatibilidade co planeamento. 
  • Curso para o persoal integrante do Comité de intervención sobre o acoso laboral

    Cursos / Martes, 7 de Maio de 2019.

    A través do convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convócase o curso Acoso laboral: prevención, detección e reparación.
  • O novo réxime das viaxes combinadas e servizos de viaxe vinculados

    Cursos / Venres, 3 de Maio de 2019.

    A EGAP convoca un curso que ten como principal obxectivo dar a coñecer o novo marco establecido polo Real decreto lei 23/2018, do 21 de decembro, de transposición de directivas en materia de marcas, transporte ferroviario e viaxes combinadas e servizos de viaxe vinculados.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 44 de 118
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212