Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso de prevención de riscos laborais de nivel básico

    Cursos / Venres, 22 de Marzo de 2019.

    A EGAP e o Issga convocan un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico dirixido a empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
  • Actividades de formación para o posto de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia

    Cursos / Luns, 18 de Marzo de 2019.

    A EGAP convoca un programa de actividades formativas dirixido en xeral a todo o persoal da Administración de xustiza en Galicia dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia e, particularmente, a aquel que accede a un novo posto de traballo.
  • Curso sobre as novidades lexislativas en materia de intervención e tesouraría na constitución das novas corporacións locais

    Cursos / Martes, 12 de Marzo de 2019.

    A través dun convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello Xeral dos Colexios Oficiais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local (Cosital) convócase un curso sobre as novidades lexislativas en materia de intervención e tesouraría na constitución das novas corporacións locais. 
  • Curso monográfico Coeducación emocional para a igualdade

    Cursos / Venres, 8 de Marzo de 2019.

    A EGAP convoca un curso sobre coeducación emocional para a igualdade co obxectivo principal de dotar o alumnado dos coñecementos, competencias e aptitudes necesarias para coeducar (educar en igualdade), así como afrontar o desenvolvemento de programas de formación en igualdade de xénero. Ademais, esta actividade permitirá contextualizar a igualdade no marco socio-educativo destacando ferramentas e accións adoptadas no relativo á igualdade de xénero e oportunidades e fomentar o emprego de ferramentas propias da educación emocional aplicadas á educación en igualdade e á prevención da violencia de xénero, alentando as competencias socio-emocionais como chave para o igual desenvolvemento de homes e mulleres.
  • Curso para persoal da Administración local de Galicia sobre a Lei de contratos do sector público

    Cursos / Mércores, 6 de Marzo de 2019.

    A EGAP, en colaboración coa Deputación de Ourense, convoca un curso para o persoal da Administración local de Galicia sobre a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público. 
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 46 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212