Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso de xestión de proxectos con PMBOK para persoal TIC

    Cursos / Luns, 7 de Marzo de 2016.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso de xestión de proxectos con PMBOK para persoal TIC.
  • Primeira convocatoria para o persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas

    Cursos / Martes, 1 de Marzo de 2016.

    A EGAP publica no DOG do 1 de marzo un total de 17 actividades e 717 prazas destinadas ao persoal que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia e nas institucións públicas autonómicas.
  • Primeira convocatoria de actividades para o PAS das tres universidades galegas

    Cursos / Venres, 26 de Febreiro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 26 de febreiro un total de 15 actividades e 660 prazas destinadas ao persoal de administración de servizos das universidades da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Primeira convocatoria para o persoal da Administración autonómica

    Cursos / Venres, 12 de Febreiro de 2016.

    A EGAP convoca 197 actividades formativas e 7405 prazas destinadas aos empregados públicos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, non entendendo por tal, os empregados públicos da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Curso de prevención de riscos laborais de nivel básico

    Cursos / Venres, 12 de Febreiro de 2016.

    A través do convenio asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) convócase un curso de prevención de riscos laborais dirixido a empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 84 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212