Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A directora da EGAP destaca que a información pública é da cidadanía e non dos gobernos

    Cursos / Xoves, 10 de Decembro de 2015.

    A EGAP acolleu hoxe a inauguración do curso monográfico A posta en marcha da transparencia activa e pasiva, que terá lugar durante dous días na sede deste organismo e no que se analizará a aplicación da Lei estatal 19/2013 do 9 de decembro, sobre transparencia, acceso á información e bo goberno, que é de obrigado cumprimento en tódalas comunidades autónomas e entidades locais a partir de hoxe. Este curso, no que participan preto de 200 persoas, pretende ademais darlles a coñecer aos asistentes as disposicións de transparencia activa e pasiva que recolle a lexislación estatal, a que obriga ás administracións, que dereitos teñen os cidadáns e os procedementos de actuación.
  • A EGAP forma os empregados públicos para conseguir unha Administración sen papel

    Cursos / Xoves, 26 de Novembro de 2015.

    Esta tarde, na Escola Galega de Administración Pública, tivo lugar o acto de entrega de diplomas aos alumnos do curso Administración electrónica e arquivo electrónico administrativo. Ao acto asistiron Sonia Rodríguez-Campos, directora da Escola Galega de Administración Pública; Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e director do curso.
  • A EGAP profunda na formación sobre a resolución de conflitos

    Cursos / Luns, 16 de Novembro de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública acolleu o inicio dun curso sobre as ferramentas básicas para a resolución do conflito, baseado principalmente na comunicación e no control das emocións
  • Curso monográfico sobre Administración, empresa e urbanismo sustentable

    Cursos / Xoves, 5 de Novembro de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, a Rede Empresa e Administración e o Observatorio Internacional da Regulación das Entidades do Sector Público poñen en marcha un curso monográfico sobre Administración, empresa e urbanismo sustentable.
  • Curso de especialización sobre ferramentas básicas para resolver conflitos

    Cursos / Xoves, 29 de Outubro de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca un curso de especialización sobre ferramentas básicas para resolver conflitos, que ten como obxectivos iniciar os alumnos no proceso de mediación.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 86 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212