Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A Escola e a Amtega organizan tres cursos dirixidos ao persoal informático

    Cursos / Martes, 22 de Setembro de 2015.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convócanse tres cursos dirixidos prioritariamente ao persoal informático funcionario ou laboral ao servizo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas no apartado a) do artigo 45 da LOFAXGA.
  • Curso de PRL para o persoal da Residencia de Tempo Libre de Panxón

    Cursos / Venres, 18 de Setembro de 2015.

    A través do convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U organízase un curso sobre prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.
  • A Escola abre un novo prazo de matrícula para varios cursos

    Cursos / Venres, 18 de Setembro de 2015.

    Co fin de cubrir as prazas vacantes, a Escola Galega de Administración Pública abre un novo prazo de matrícula para catro cursos convocados nos DOG do 3 de febreiro e do 12 de maio (actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración autonómica de Galicia) e para un curso convocado no DOG do 7 de abril (actividades de formación para o persoal da Administración local).
  • A EGAP convoca cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega

    Cursos / Martes, 15 de Setembro de 2015.

    Co obxecto de impulsar a normalización lingüística na Administración e en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a  Escola Galega de Administración Pública pon en marcha 10 edicións e 300 prazas do nivel medio dos cursos Linguaxe administrativa galega e Linguaxe xurídica galega, para o persoal das administracións autonómica e de xustiza.
  • Novo prazo de matrícula para Lexislación transversal no planeamento urbanístico

    Cursos / Venres, 11 de Setembro de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública abre un novo prazo de matrícula no curso Lexislación transversal no planeamento urbanístico destinado aos técnicos da Administración autonómica ou local que informen instrumentos de planificación urbanística ou territorial, co fin de cubrir as vacantes existentes nos cursos convocados no DOG do 12 de maio.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 89 de 118
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212