Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP e o Concello de A Coruña organizan dúas actividades formativas

    Cursos / Martes, 23 de Xuño de 2015.

    En virtude do convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello de A Coruña, convócase un curso sobre Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010) e un curso de Perfeccionamento de xefatura de negociado.
  • Novo prazo de presentación de solicitudes para varios cursos destinados ao persoal da Administración autonómica

    Cursos / Mércores, 17 de Xuño de 2015.

    Co fin de cubrir as prazas vacantes, a EGAP abre un novo prazo de matrícula para varios cursos convocados no DOG do 8 de abril (actividades de formación continua de lingua inglesa e alemá) e no DOG do 12 de maio (cursos de formación continua correspondentes ao segundo semestre), todos eles destinados ao persoal da Administración autonómica.
  • Un curso da EGAP resalta a importancia da protección das patentes para o avance da economía

    Cursos / Luns, 1 de Xuño de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública acolleu esta tarde a primeira das sesións do curso de especialización sobre Dereito de patentes, que foi inaugurado por Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP; Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito mercantil da Universidade Complutense de Madrid; e Álvaro Porras Rodríguez-Toledano, coordinador do curso.
  • Curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    Cursos / Martes, 19 de Maio de 2015.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U convócase un curso sobre prevención de riscos laborais (refresco). Esta actividade vai dirixida ao persoal que presta servizos nos seguintes organismos: ISSGA de Lugo, SMAC de Lugo, servizos veterinarios oficiais de saúde pública de Lugo, Audiencia Provincial de Lugo, xulgados de Lugo e Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia de Lugo.
  • Curso de especialización sobre dereito de patentes

    Cursos / Venres, 15 de Maio de 2015.

    Curso destinado a ofrecer coñecementos específicos sobre a protección das intervencións a través do dereito de patentes e dos modelos de utilidade. Esta actividade permitirá coñecer cales son os instrumentos xurídicos para defender un dereito de patente e identificar as actividades que se poden prohibir. Así mesmo, amosará os mecanismos xurídicos existentes para determinar quen é o lexítimo titular dunha patente e, de ser o caso, en que circunstancias se pode ceder ou licenciar o seu uso a terceiros.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 92 de 118
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212