Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso sobre comunicación efectiva: negociación e traballo en equipo

    Cursos / Martes, 6 de Outubro de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG núm. 191, do 6 de outubro, un curso monográfico sobre comunicación efectiva para xestores de equipos: negociación e traballo en equipo.
  • Curso en teleformación sobre a Lei do emprego público de Galicia

    Cursos / Martes, 6 de Outubro de 2015.

    A EGAP convoca no DOG núm. 191, do 6 de outubro, un curso sobre a Lei 2/2015, do emprego público de Galicia dirixido ao persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma e das entidades locais de Galicia.
  • A Escola convoca actividades formativas para o persoal dos entes e institucións públicas de Galicia

    Cursos / Xoves, 1 de Outubro de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG nº 188, do 1 de outubro, accións formativas destinadas aos empregados públicos que presten servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na liña a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e institucións públicas autonómicas que non poidan acceder ás convocatorias de formación continua.
  • Expertos en dereito administrativo analizan na EGAP as reformas levadas a cabo na Administración pública nos últimos anos

    Cursos / Xoves, 24 de Setembro de 2015.

    Nos últimos anos, a situación de crise económica vivida en España produciu cambios substanciais aos que a Administración pública e as leis que a regulan non foron alleas. Unha vez máis a EGAP asumiu ao reto de servir de nexo de unión entre a cidadanía e o Goberno a través da creación dun foro de debate que permita coñecer polo miúdo estes cambios e que foi inaugurado hoxe en Santiago de Compostela.
  • A Escola e a Amtega organizan tres cursos dirixidos ao persoal informático

    Cursos / Martes, 22 de Setembro de 2015.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convócanse tres cursos dirixidos prioritariamente ao persoal informático funcionario ou laboral ao servizo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas no apartado a) do artigo 45 da LOFAXGA.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 88 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212