Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A directora da EGAP destaca a importancia da cultura da rendición de contas e a transparencia na actividade pública para a rexeneración democrática

    Cursos / Martes, 12 de Abril de 2016.

    O curso monográfico Rexeneración democrática e institucional, que se celebra hoxe e mañá na Escola Galega de Administración Pública Santiago (EGAP), reúne a expertos da política, a xustiza, o dereito, a filosofía e os medios de comunicación de todo o país, que coincidiron en avogar pola transparencia e a loita contra a corrupción para a rexeneración democrática e recuperar a confianza dos cidadáns nos representantes políticos e nas institucións públicas.
  • Curso para o persoal dos centros residenciais da Administración pública

    Cursos / Luns, 11 de Abril de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 11 de abril un curso monográfico sobre boas prácticas para unha atención humanizada ás persoas en centros residenciais da Administración pública. Con este curso perséguese o obxectivo de formar ao persoal dos centros residenciais para que poidan levar a cabo unha atención individualizada e adquiran as capacidades en estratexias e habilidades de intervención que contribúan a mellorar a atención ás persoas residentes nalgunha institución da Administración pública ou usuarios de centros de día.
  • Os novos fondos europeos, unha oportunidade única para situar a Galicia entre as economías máis avanzadas

    Cursos / Xoves, 7 de Abril de 2016.

    directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou hoxe o curso monográfico Os novos fondos europeos e a súa execución en España, que durante dous días reúne en Santiago de Compostela a destacados representantes da Comisión Europea, Administración do Estado e Xunta de Galicia, xuíces e expertos en Dereito Administrativo. Neste curso, ao que asisten preto de 200 persoas, os participantes analizarán o novo marco normativo dos fondos comunitarios para o período 2014-2020, a distribución de competencias entre as distintas administracións públicas (europea, estatal ou autonómica), a funcionalidade dos contratos administrativos e das subvencións como instrumentos de execución e a repercusión destes fondos na Comunidade galega.
  • Curso de prevención de riscos laborais de seguridade nos laboratorios

    Cursos / Mércores, 6 de Abril de 2016.

    De acordo co convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U organízase un curso de prevención de riscos laborais: seguridade nos laboratorios.
  • Curso monográfico sobre rexeneración democrática e institucional

    Cursos / Martes, 29 de Marzo de 2016.

    A EGAP convoca no DOG do 29 de marzo un curso monográfico que ten como obxectivos abordar, desde unha perspectiva interdisciplinar, os desafíos aos que deben facer fronte as institucións públicas para favorecer a rexeneración democrática; promover o debate acerca da transparencia, a participación, o control da actividade pública por parte da cidadanía, a rendición de contas e a prevención e loita contra a corrupción; analizar aquelas accións que se han de acometer para mellorar a calidade democrática das institucións; e pór de manifesto o papel da xustiza e o labor dos medios de comunicación na rexeneración democrática e institucional.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 82 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212