Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Cursos de autoformación para o persoal da Administración autonómica

    Cursos / Luns, 6 de Xuño de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 6 de xuño o programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, consolidando así a acción formativa iniciada no 2013 e renovando os seus contidos formativos para incluír novos temas de interese.
  • Nova convocatoria de actividades para o persoal da Administración de xustiza

    Cursos / Venres, 3 de Xuño de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca un total de 11 cursos e 510 prazas destinadas aos empregados públicos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia e aos membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Cursos de nivel superior de linguaxe administrativa galega

    Cursos / Mércores, 1 de Xuño de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública -en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística- convoca no DOG do 1 de xuño cinco cursos do nivel superior de linguaxe administrativa galega para o persoal ao servizo de distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Curso monográfico sobre cambio e motivación na función pública

    Cursos / Venres, 27 de Maio de 2016.

    O próximo 15 de xuño terá lugar na EGAP un curso monográfico que persegue, dunha forma totalmente práctica, incrementar a motivación en toda persoa participante, aproveitando mellor o tempo e alcanzando máis facilmente os obxectivos marcados.
  • Curso monográfico sobre as novas leis de procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público

    Cursos / Mércores, 18 de Maio de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública organiza un curso monográfico dedicado ao estudo e análise das reformas do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común operadas polas novas leis 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 79 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212