Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Apertura de dous novos prazos de matrícula para catro cursos

    Cursos / Luns, 5 de Setembro de 2016.

    Co obxectivo de cubrir as prazas vacantes, a EGAP abre dous novos prazos de matrícula para solicitar catro cursos dirixidos ao persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados no DOG do 8 de xullo.
  • Novo curso de prevención de riscos laborais de nivel básico

    Cursos / Martes, 2 de Agosto de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral organizan un curso de prevención de riscos laborais destinado a empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
  • Curso de xestión de implantación da administración electrónica nas entidades locais

    Cursos / Venres, 29 de Xullo de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca un curso para que o alumnado coñeza e valore que supón a Administración electrónica, tanto desde o punto de vista das implicacións na xestión e dos procedementos e as relacións cos cidadáns como desde a perspectiva tecnolóxica.
  • Curso de Ferramenta unificada LIDER-CALENER (HULC)

    Cursos / Xoves, 14 de Xullo de 2016.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Vivenda e o Solo (IGVS) convócase un curso sobre a ferramenta unificada LIDER_CALENER (HULC). Esta actividade vai dirixida a arquitectos, técnicos, enxeñeiros e enxeñeiros técnicos da Administración autonómica que realicen funcións no IGVS.
  • A EGAP convoca tres actividades formativas en materia de atención temperá

    Cursos / Luns, 11 de Xullo de 2016.

    Grazas ao convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e as Consellerías de Política Social, Sanidade e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convócanse tres cursos sobre atención temperá.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 76 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212