Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Segunda convocatoria de actividades para o persoal da Administración autonómica

    Cursos / Venres, 8 de Xullo de 2016.

    A EGAP convoca no DOG núm. 129 , do 8 de xullo, un total 74 edicións e 2.250 prazas destinadas aos empregados públicos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal, os empregados públicos da Escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Segunda convocatoria de actividades para o persoal da Administración local

    Cursos / Venres, 1 de Xullo de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no DOG do 1 de xullo, un total de 27 novas actividades e 920 prazas destinadas aos empregados públicos ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como aos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos noutras administracións públicas de Galicia.
  • VII Curso superior de formación do técnico na Administración local

    Cursos / Mércores, 29 de Xuño de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública, a Dirección Xeral de Administración Local, a Federación Galega de Municipios e Provincias e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia organizan un curso co obxectivo de incidir na formación específica daquelas materias de especial importancia para o desenvolvemento das actividades laborais dos técnicos da Administración local.
  • Segunda convocatoria de actividades para o PAS das universidades galegas

    Cursos / Martes, 28 de Xuño de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 28 de xuño un total de 20 novas actividades e 1375 prazas destinadas ao persoal de administración de servizos das universidades da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Segunda convocatoria de actividades para o persoal das entidades públicas instrumentais e institucións públicas autonómicas

    Cursos / Luns, 20 de Xuño de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convocou no DOG un total de 18 actividades de formación e 1245 prazas destinadas ao persoal que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e institucións públicas autonómicas.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 77 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212