Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso superior sobre transparencia, bo goberno e datos públicos

    Cursos / Mércores, 19 de Outubro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración co Valedor do Pobo e o Consello de Contas de Galicia, un curso superior sobre transparencia, bo goberno e datos públicos coa finalidade de dar a coñecer o novo marco normativo e facilitar a súa implementación dentro das organizacións.
  • Curso superior sobre as leis 39/2015 e 40/2015

    Cursos / Mércores, 19 de Outubro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca un curso superior sobre as leis 39/2015 e 40/2015, do procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público co obxectivo de analizar e estudar as principais novidades que achegan estas leis e a súa incidencia, entre outros, na organización e o funcionamento da Administración, no réxime xurídico dos convenios, na responsabilidade patrimonial das administracións públicas, nos recursos administrativos ou na tramitación electrónica dos procedementos.
  • Novo curso en autoformación sobre atención ás vítimas de delito e información ao cidadán

    Cursos / Luns, 10 de Outubro de 2016.

    A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convocan unha actividade formativa de autoformación sobre atención ás vítimas de delito e información ao cidadán destinado a xestores procesuais e administrativos, tramitadores procesuais e funcionarios do corpo de auxilio xudicial destinados nos órganos xudiciais e fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Cursos de informática para o persoal da Administración local de Galicia

    Cursos / Mércores, 5 de Outubro de 2016.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e a Deputación Provincial de Ourense, convócanse catro cursos dirixidos ao persoal ao servizo da Administración local de Galicia e, en caso de vacante, ao persoal de Administración autonómica e estatal. Con carácter xeral, darase prioridade no proceso de selección aos solicitantes que presten servizos na Administración local da provincia de Ourense.
  • Novo prazo de matrícula para dous cursos destinados ao persoal da Admón. autonómica

    Cursos / Martes, 4 de Outubro de 2016.

    Co fin de cubrir as vacantes, a Escola Galega de Administración Pública abre un novo prazo de matrícula para dous cursos destinados ao persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 74 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212