A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 4 de outubro un curso monográfico denominado Atención integral ás persoas residentes en institucións sociais da Administración pública, co obxectivo de acadar ou reforzar estratexias de actuacións para a atención á persoa desde un enfoque bio-psico-social, así como estratexias de intervención integral como a atención psicolóxica, física e relacional.