Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso de prevención de riscos laborais en explotacións agrogandeiras e manexo de maquinaria agrícola e forestal

    Cursos / Luns, 9 de Maio de 2016.

    A EGAP e Mugatra convocan un curso acerca dos riscos derivados dos traballos nas explotacións agrogandeiras e forestais que se dan nos establecementos da Consellería do Medio Rural, co obxecto de dar cumprimento ao establecido no artigo 19 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais.
  • Curso en autoformación sobre atención ás vítimas de delito e información ao cidadán

    Cursos / Xoves, 21 de Abril de 2016.

    A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convocan unha actividade formativa de autoformación sobre atención ás vítimas de delito e información ao cidadán destinada aos xestores procesuais e administrativos, aos tramitadores procesuais e aos funcionarios do corpo de auxilio xudicial destinados nos órganos xudiciais e fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Curso de aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)

    Cursos / Mércores, 20 de Abril de 2016.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello da Coruña, convócase un curso de aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010) dirixido aos empregados públicos que presten servizos no Concello da Coruña.
  • Cursos de nivel medio de linguaxe administrativa galega

    Cursos / Venres, 15 de Abril de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no DOG núm. 72 do 15 de abril, cinco cursos de nivel medio de linguaxe administrativa galega en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
  • Os empregados públicos de Galicia reciben formación sobre métodos de planificación estratéxica

    Cursos / Xoves, 14 de Abril de 2016.

    Esta mañá a directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou o curso monográfico A planificación estratéxica como método de xestión pública, dirixido prioritariamente aos empregados das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local, pertencentes ao grupo A do persoal funcionario (subgrupos A1 e A2) ou aos grupos I e II do persoal laboral.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 80 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212