Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • III Curso superior de inspección ambiental de Galicia

    Cursos / Xoves, 3 de Marzo de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca esta actividade co obxectivo de afondar no coñecemento da actividade de inspección ambiental, tanto desde unha perspectiva técnico-xurídica como desde unha perspectiva práctica. Ademais, pretende formar os asistentes no coñecemento da normativa e dos procedementos de inspección ambiental e, de maneira específica, nas actividades de prevención e control integrado da contaminación (IPPC) no campo industrial e no de residuos; dotar o alumnado dos coñecementos e das habilidades necesarias para exercer as súas funcións adaptándose ás novas exixencias e cambios producidos nos últimos anos; e abordar o réxime de responsabilidade ambiental e de emerxencias do Plan Camgal.
  • Actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia

    Cursos / Martes, 1 de Marzo de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 25 actividades formativas e 1210 prazas para o persoal empregado público e as persoas integrantes das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo
  • Actividades de formación para o persoal da Administración local

    Cursos / Martes, 1 de Marzo de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 41 cursos e 1837 prazas dirixidas o persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional e o resto do persoal empregado público ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, incluído aquel que estea prestando servizos noutras administracións públicas de Galicia. 
  • Cursos sobre TIC, administración electrónica e protección de datos

    Cursos / Venres, 25 de Febreiro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca 88 actividades sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
  • Curso para persoal delegado de protección de datos da Xunta de Galicia

    Cursos / Xoves, 24 de Febreiro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convocan un curso para o persoal delegado de protección de datos nomeado ou cuxo nomeamento estea previsto a curto prazo, na Administración xeral da Xunta de Galicia, no sector público autonómico e órganos estatutarios. Tamén poderán participar as persoas que formen parte do equipo de apoio aos DPD nos ámbitos anteriormente indicados e outro persoal da Amtega con responsabilidades en materia de protección de datos.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 18 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212