A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, asinaron hoxe pola mañá un convenio de colaboración que ten coma obxecto a participación nas actividades da Escola do persoal dependente da Deputación Provincial e das entidades locais da provincia de Ourense.