O DOG núm. 231, do 4 de decembro, publica a resolución pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración de xustiza que presten os seus servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
Responsables do Instituto Nacional de Administración Pública, da Escola Galega de Administración Pública e das catro deputacións provinciais reuníronse hoxe en Santiago de Compostela para establecer un marco de colaboración e coordinación en materia formativa.
Ao amparo do disposto na base 14 da Resolución do 4 de xullo de 2012 (DOG nº 136, do 17 de xullo) pola que se convoca o I Curso de Formación en Administración local, faise pública a cancelación deste curso.
O profesor Manuel Atienza, catedrático de Filosofía do Dereito da Universidade de Alicante, ofrecerá o próximo venres un relatorio que se poderá seguir por videoconferencia desde a EGAP.
A Xornada sobre Réxime xurídico do patrimonio e bens das corporacións locais, integrada no Ciclo de xornadas formativas para cargos electos da Administración local, prevista para o venres 23 de novembro, queda aprazada para o ano 2013.