A Xunta de Galicia e o Club de Innovación organizan unha nova xornada para ofrecer aos responsables públicos información e un espazo de debate sobre a situación e as esixencias actuais e de futuro do Esquema Nacional de Interoperabilidade e da Lei de transparencia e bo goberno.
A Escola Galega de Administración Pública convoca esta xornada coa finalidade de difundir as novidades lexislativas en materia de urbanismo en relación co réxime xurídico do solo rústico e solo de núcleo rural e analizar a problemática que xera a súa aplicación.
A Escola Galega de Administración Pública convoca a través do DOG unha xornada para dar a coñecer a nova Lei do deporte galego (Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia), de recente publicación.
A Escola Galega de Administración Pública súmase aos actos de homenaxe ao ensaísta e poeta pontevedrés Valentín Paz Andrade. Con motivo desta celebración a EGAP organiza un acto literario e unha viaxe de interese cultural polos escenarios nos que se desenvolveu boa parte da vida de Valentín Paz Andrade.
A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración co Consello Galego da Competencia, as VI Xornadas Nacionais de Defensa da Competencia: Competencia e Protección de Consumidores.