Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP leva impartidas case 800 actividades formativas durante o primeiro semestre deste ano

    A Escola / Mércores, 5 de Setembro de 2012.

    A directora da Escola informoulle ao Consello Reitor que dende comezo deste ano, a EGAP acolleu un total de 788 actividades formativas que sumaron un total de 23.000 horas. Ademais, os empregados públicos das Administracións autonómica, local e de xustiza puideron optar a un total de 32.822 prazas.
  • A Escola convoca cursos para o persoal da Administración de xustiza

    Cursos / Xoves, 9 de Agosto de 2012.

    A EGAP publica no Diario Oficial de Galicia do 9 de agosto de 2012 unha convocatoria de accións formativas destinadas ao persoal da Administración de Xustiza de Galicia.
  • Convocatoria probas de avaliación de carácter libre

    A Escola / Xoves, 26 de Xullo de 2012.

    A EGAP en virtude do Convenio de colaboración asinado, con data do 4 de xullo de 2012, coa Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) ten previsto convocar no mes de setembro probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan Formativo Ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • A EGAP convoca o II Curso de Rehabilitación e Revitalización Urbana en Galicia

    Cursos / Xoves, 19 de Xullo de 2012.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca no DOG núm. 138, do xoves, 19 de xullo de 2012, o II Curso de Rehabilitación e Revitalización Urbana en Galicia; levado a cabo en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a Dirección Xeral de Administración Local e o Instituto de Estudos do Territorio (IET).
  • A EGAP convoca o Curso de Sistemas de Información Xeográfica 2012

    Cursos / Xoves, 19 de Xullo de 2012.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca no DOG núm. 138, do xoves, 19 de xullo de 2012, o Curso de Sistemas de Información Xeográfica 2012; unha actividade formativa realizada en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a Dirección Xeral de Administración Local e o Instituto de Estudos do Territorio (IET).
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 236 de 251
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212