Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Novo prazo de solicitudes para o curso Actualización normativa en materia de consumo

    Cursos / Martes, 5 de Marzo de 2013.

    Debido ao reducido número de solicitudes presentadas para o curso “FC13013 Actualización normativa en materia de consumo: Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias” a EGAP abre un novo prazo de matrícula para as edicións de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. O prazo de presentación de solicitudes comeza o 5 de marzo ás 8.00h e remata o día 15 ás 14.00h.
  • Dispoñibles nas librerías e na EGAP dúas novas publicacións

    Publicacións / Xoves, 28 de Febreiro de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública engade ao seu catálogo dúas novas monografías que xa se poden adquirir nas librerías e no servizo de Estudos e Publicacións da EGAP, e que proximamente estarán a disposición de todos os usuarios en versión dixital.
  • Curso sobre prevención de riscos laborais para o persoal das Escolas Infantís da Xunta de Galicia

    A Escola / Xoves, 28 de Febreiro de 2013.

    A EGAP; a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través do Servizo de Prevención de Riscos Laborais; e Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U. organizan un curso de prevención de riscos laborais para o persoal que presta servizos nas escolas infantís da Xunta de Galicia.
  • Ábrese un novo prazo de solicitudes para o curso Elaboración e implantación de plans de emerxencia

    Cursos / Martes, 26 de Febreiro de 2013.

    Resolución do 26 de febreiro de 2013, da Dirección da Escola Galega de Administración Pública sobre a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes do curso FC13062  Elaboración e implantación de plans de emerxencia.
  • O CES renova o convenio de colaboración coa EGAP

    A Escola / Luns, 25 de Febreiro de 2013.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos González, e a presidenta do CES, Corina Porro Martínez, asinaron a renovación do convenio de colaboración que manteñen ambas as entidades para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. Coa sinatura deste documento, esténdese a vixencia do documento ata o 31 de decembro de 2013.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 233 de 257
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212