Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Novo prazo de matrícula para o curso Procedemento administrativo comunitario en materia de infraccións

    Cursos / Xoves, 21 de Marzo de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública, debido ao reducido número de solicitudes presentadas para o curso: FC13036 Procedemento administrativo comunitario en materia de infraccións: incidencia en axudas, sancións e elaboración de normas, resolveu abrir un novo prazo de matrícula desde as 12 horas do 20 de marzo ata as 14 horas do 25 de marzo. Esta actividade formativa terá lugar en Santiago de Compostela entre os días 8 e 23 de abril.
  • A EGAP convoca un curso Monográfico sobre retos e perspectivas do emprego público nun contexto de crise

    A Escola / Mércores, 20 de Marzo de 2013.

    Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2013 convócase o Curso monográfico sobre os retos e as perspectivas do emprego público nun contexto de crise. Esta actividade ten como finalidade analizar a incidencia das medidas estatais contra a crise na Función pública desde unha perspectiva non só económica, senón tamén estrutural.
  • A Escola convoca o III Curso de administración electrónica

    A Escola / Martes, 19 de Marzo de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), pon en marcha o III Curso de administración electrónica. Esta actividade ten como obxectivo afondar, desde unha perspectiva técnico-xurídica, na concepción da Administración electrónica, incidindo na importancia que ten a súa implantación nas distintas administracións galegas.
  • A EGAP pon en marcha un curso sobre Prevención de riscos laborais na defensa contra incendios forestais

    Cursos / Xoves, 14 de Marzo de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través do Servizo de Prevención de Riscos Laborais e Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U., un curso para persoal que traballa en tarefas de prevención e defensa contra incendios forestais.
  • A Escola organiza un curso de PRL para o persoal das escolas infantís

    Cursos / Xoves, 14 de Marzo de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través do Servizo de Prevención de Riscos Laborais e Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U., organizan un curso para o persoal que presta servizos nas escolas infantís da Xunta de Galicia.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 231 de 257
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212