A Escola Galega de Administración Pública pon en marcha unhas xornadas nas que se analizarán as consecuencias financeiras, económicas e sociais da actual crise. Nelas, levarase a cabo un debate de ideas sobre o núcleo desta situación, co obxecto de mellorar a comprensión non só das dificultades financeiras, senón tamén dos problemas institucionais que implica.