Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A directora da EGAP inaugura un curso de disciplina urbanística en colaboración coa APLU

    A Escola / Luns, 11 de Novembro de 2013.

    Esta mañá, na Escola Galega de Administración Pública, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, asistiron ao inicio dun curso de disciplina urbanística dirixido en exclusiva a axentes do Servizo de protección da natureza da Garda Civil e a axentes da Policía Nacional.
  • A directora da EGAP inaugura un seminario científico sobre a reforma administrativa

    A Escola / Venres, 8 de Novembro de 2013.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou esta mañá un seminario dirixido a concretar as reformas necesarias para racionalizar e facer máis eficientes as nosas administracións, simplificar o seu funcionamento e, indo máis alá, facer sostible o Estado autonómico no actual contexto. Para iso, contou con xuristas e académicos expertos, en todo caso, nas materias nas que se estruturou o dito seminario.
  • Curso de Word para auxiliares administrativos e auxiliares de atención ao cidadán do Concello da Coruña

    Cursos / Martes, 5 de Novembro de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública e o Concello da Coruña, a través da sinatura dun convenio, poñen en marcha un curso de Aplicacións informática de tratamento de textos (Microsoft Office 2010) destinado a auxiliares administrativos e auxiliares de atención ao cidadán do Concello da Coruña.
  • O CPEIG organiza un curso sobre a comunicación oral no eido empresarial

    Cursos / Luns, 4 de Novembro de 2013.

    O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), co obxectivo de promover a innovación en aspectos relacionados coa comunicación oral no ámbito empresarial, organiza unha conferencia-obradoiro para fomentar competencias, habilidades e coñecer metodoloxías complementarias que axudarán a coñecer o "poder da palabra".
  • A EGAP convoca unhas xornadas sobre a incidencia da nova lexislación de costas e ordenación do litoral

    A Escola / Luns, 28 de Outubro de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra (Cosital Pontevedra) e coa Dirección Xeral de Administración Local, poñen en marcha unhas xornadas sobre a incidencia da nova lexislación de costas e ordenación do litoral que teñen como obxectivo analizar os aspectos máis relevantes e innovadores da normativa.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 227 de 267
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212