Por circunstancias alleas á Escola, a EGAP vese obrigada a trasladar o lugar de realización destas xornadas ao seguinte enderezo: Salón de actos do Pazo da Cultura, Rúa Alexandre Bóveda S/N Pontevedra. Os horarios non sufrirán variacións.
A Escola Galega de Administración Pública e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través do Servizo de Prevención de Riscos Laborais e Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U., organizan un curso para o persoal que presta servizos nas escolas infantís da Xunta de Galicia.
A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou esta tarde as "Xornadas sobre crise e reestruturación financeira", que se desenvolverán entre hoxe e maña na Escola e que contarán coa presenza de importantes expertos en economía e dereito internacional.
A Escola Galega de Administración Pública, dentro do Plan de Formación do 2013 para o persoal da Administración autonómica, convoca 1000 prazas de acceso libre das materias integradas no Plan formativo ofimático de Galicia.
A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca os cursos de linguaxe administrativa galega, nivel medio e superior, para o persoal da Administración autonómica de Galicia.