A Escola Galega de Administración Pública, dentro do Plan de Formación do 2013 para o persoal da Administración autonómica, convoca 1000 prazas de acceso libre das materias integradas no Plan formativo ofimático de Galicia.
A Escola Galega de Administración Pública convocou no DOG do 25 de abril dúas bolsas de formación, unha para a área de documentación e biblioteconomía, e a outra para competencias técnicas vinculadas a sistemas de xestión da teleformación.
A secretaria xeral de Igualdade participou hoxe na inauguración do XIV Foro Galego de Educación en Igualdade, xunto á directora da EGAP Sonia Rodríguez-Campos González.
En base ao convenio de colaboración asinado entre o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-financeira e Contable e a Escola Galega de Administración Pública, póñense en marcha dous cursos destinados ao persoal do CIXTEC.