Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP convoca un curso sobre Procedemento Expropiatorio

    Cursos / Xoves, 19 de Xullo de 2012.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca no DOG núm. 138, do xoves, 19 de xullo de 2012, o Curso sobre procedemento expropiatorio: criterios e métodos de valoración empregados polo Xurado de Expropiación de Galicia. Esta actividade formativa será realizada en colaboración co Xurado de Expropiación de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Dirección Xeral de Administración Local.
  • A EGAP convoca o II Curso de Rehabilitación e Revitalización Urbana en Galicia

    Cursos / Xoves, 19 de Xullo de 2012.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca no DOG núm. 138, do xoves, 19 de xullo de 2012, o II Curso de Rehabilitación e Revitalización Urbana en Galicia; levado a cabo en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a Dirección Xeral de Administración Local e o Instituto de Estudos do Territorio (IET).
  • A Xunta presenta o Plan estratéxico da náutica recreativa 2012-2020

    A Escola / Mércores, 18 de Xullo de 2012.

    A Consellería do Medio Rural e do Mar aposta por reforzar a calidade na prestación dos servizos, homoxeneizar as taxas por uso de instalacións e incentivar o investimento complementario na posta en marcha do Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020, que foi presentado publicamente esta mañá na Escola Galega de Administración Pública.
  • A EGAP convoca o I Curso de Formación en Administración Local

    Cursos / Martes, 17 de Xullo de 2012.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca no DOG núm. 136, do martes, 17 de xullo de 2012, o I Curso de Formación en Administración Local; unha actividade formativa realizada en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Dirección Xeral de Administración Local.
  • Sonia Rodríguez-Campos substitúe a Pablo Figueroa á fronte da Escola Galega de Administración Pública

    A Escola / Venres, 13 de Xullo de 2012.

    O Consello da Xunta aprobou onte o decreto de nomeamento da profesora de Dereito Administrativo Sonia Rodríguez-Campos como directora da Escola Galega de Administración Pública, cargo en que substitúe a Pablo Figueroa Dorrego, cuxo decreto de cesamento tamén foi aprobado onte no Consello do Goberno galego.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 230 de 244
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212