Debido ao reducido número de solicitudes presentadas para o curso “FC13013 Actualización normativa en materia de consumo: Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias” a EGAP abre un novo prazo de matrícula para as edicións de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. O prazo de presentación de solicitudes comeza o 5 de marzo ás 8.00h e remata o día 15 ás 14.00h.