A EGAP iniciou esta mañá o foro Diálogos sobre innovación e competitividade no sector público e no sector privado, no marco das actividades do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP), coa conferencia “A Administración dixital e as implicacións da dixitalización no sector privado” impartida polo catedrático de Ciencia Política e da Administración da Universidade Rey Juan Carlos e Administrador Civil do Estado, Manuel Arenilla, e o director de Procesos Dixitais e Axilidade Operativa en ABANCA, Pablo Mateo.