Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Cursos de prevención de riscos laborais nivel básico

    Cursos / Xoves, 16 de Febreiro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio de colaboración co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, convoca cursos de prevención de riscos laborais en teleformación dixiridos aos/as empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
  • Webinario A Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga

    Xornadas / Luns, 13 de Febreiro de 2023.

    O próximo 22 de febreiro terá lugar un webinario dirixido a dar a coñecer a recente Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga, que vén completar o marco normativo vixente en materia de augas naComunidade Autónoma de Galicia. Esta lei, que aborda por primeira vez a xestión do ciclo integral da auga no territorio galego, ditouse co obxecto de establecer unha regulación que reforza o apoio aos concellos nas súas competencias de abastecemento, saneamento e depuración das augas, e crear un novo modelo de xestión que pretende garantir a calidade dos servizos aos cidadáns, a eficiencia na explotación das infraestruturas e a viabilidade económica dos sistemas.
  • Plan formativo ofimático de Galicia

    Cursos / Luns, 13 de Febreiro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 2.000 prazas na modalidade de teleformación para as actividades do Plan formativo ofimático de Galicia, desenvolvido xunto coa Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia. 
  • Aprobado o próximo número da revista Administración&Cidadanía

    Publicacións / Xoves, 2 de Febreiro de 2023.

    O Consello de redacción da revista Administración&Cidadanía reuniuse esta tarde na Escola Galega de Administración Pública e tamén por videoconferencia para aprobar o número 2 do volume 17, correspondente ao segundo semestre de 2022.
  • Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre notificacións electrónicas

    Xornadas / Xoves, 2 de Febreiro de 2023.

    A EGAP convoca, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, unha nova xornada de formación práctica dixital sobre notificacións electrónicas que terá lugar o martes 14 de febreiro. 
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 26 de 244
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212