Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso de Microsoft Excel para o persoal das entidades locais galegas

    Cursos / Venres, 28 de Xaneiro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública e a Deputación de Ourense convocan, mediante un convenio de colaboración, un curso básico de aplicacións informáticas de follas de cálculo con Microsoft Excel, dirixido ao persoal empregado público da Administración local de Galicia. 


  • Bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo

    A Escola / Mércores, 19 de Xaneiro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación dirixida persoas que remataran os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2016 e que acrediten a titulación de licenciatura ou grao en Dereito ou en Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas.
  • Bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade

    A Escola / Mércores, 19 de Xaneiro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación dirixida a persoas que remataran os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do 2016 e que acrediten a titulación de licenciatura ou grao en Socioloxía ou Ciencias Políticas.
  • Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2022

    A Escola / Martes, 18 de Xaneiro de 2022.

    Como un máis dos actos que a EGAP organizará para honrar as letras galegas, e especialmente este ano a Florencio Delgado Gurriarán, convócase, un ano máis, o premio de literatura infantil e xuvenil co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias e desenvolver as súas habilidades neste idioma.
  • Webinario O reto da COVID-19 na xestión do persoal nas universidades públicas

    Xornadas / Xoves, 13 de Xaneiro de 2022.

    O próximo 20 de xaneiro a EGAP impartirá un webinario destinado a analizar os problemas derivados da crise sanitaria na xestión dos recursos humanos nunha institución complexa como son as universidades, onde a presencialidade e o contacto cos usuarios é intenso, aínda que asimétrico, así como as solucións que se desenvolveron e as propostas de reforma ante unha situación coa cal é posible que haxa que convivir no futuro. Na exposición farase mención aos tres tipos de persoal que prestan servizo nas universidades públicas: o persoal docente e investigador, o persoal de administración e servizos e o persoal investigador e de apoio á investigación.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 46 de 244
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212