Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP renova a colaboración coas universidades galegas para formar ao persoal de administración e servizos

    A Escola / Mércores, 9 de Febreiro de 2022.

    A Xunta, a través da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), convocará durante este ano un total de 24 cursos e 1125 prazas dirixidas en exclusiva ao persoal de administración e servizos (PAS) das universidades galegas, ademais de darlles acceso aos programas de ofimática, idiomas, igualdade e prevención da violencia de xénero, autoformación e aos cursos da área de Unión Europea do Plan de formación de 2022. Todas estas accións formativas serán financiadas integramente pola Xunta cunha achega económica de 59.943,7 euros.
  • Cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega

    Cursos / Luns, 7 de Febreiro de 2022.

    A EGAP convoca os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega correspondentes ao ano 2022, dirixidos tanto ao persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia coma ao persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre notificacións electrónicas

    Xornadas / Venres, 4 de Febreiro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca para o próximo 15 de febreiro no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, unha xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre notificacións electrónicas. 
  • Cursos para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia

    Cursos / Xoves, 3 de Febreiro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través da sinatura dun convenio de colaboración co Consello Consultivo de Galicia, convoca seis cursos en teleformación dirixidos ao persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia.
  • Convocatoria do Plan formativo ofimático de Galicia

    Cursos / Martes, 1 de Febreiro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca as actividades correspondentes ao Plan formativo ofimático de Galicia, un total de 40 edicións na modalidade de teleformación e 2000 prazas distribuídas en 10 cursos diferentes. 
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 45 de 244
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212