Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Actos de conmemoración do Día das Letras Galegas e do 35 aniversario da creación da Escola

    Xornadas / Xoves, 12 de Maio de 2022.

    A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2022 ao poeta Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987). A Escola Galega de Administración Pública, como institución pública galega, súmase á homenaxe deste insigne escritor en lingua galega.

    Doutra banda, este ano cúmprense trinta e cinco anos da aprobación da Lei 4/1987, do 27 de maio, que crea a Escola Galega de Administración Pública como organismo autónomo encargado da formación e capacitación do persoal empregado público, da investigación e divulgación de todas aquelas materias de interese para o persoal ao servizo das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, así como da difusión e normalización do idioma galego na Administración pública.

    Os actos conmemorativos destas dúas efemérides coincidentes no mes de maio, o 35º aniversario da creación da EGAP e o Día das Letras Galegas, consistirán na celebración dun acto literario, así como nunha viaxe de interese cultural.
  • Curso de formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    Cursos / Mércores, 11 de Maio de 2022.

    De acordo co convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e Cualtis, S.L.U. para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación convócase un curso dirixido ao persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como ao persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, sito na rolda da Muralla, 70. 
  • Webinario Cara a unha reforma do sistema de acceso ao emprego público

    Xornadas / Luns, 25 de Abril de 2022.

    A COVID-19 puxo de relevo a importancia do noso sector público. O talento dos recursos humanos dispoñibles na Administración pública foi unha variable crucial, tanto para combater a pandemia en si mesma, como para afrontar con éxito os seus devastadores efectos sobre a economía e a sociedade. Ao mesmo tempo, o reto que supuxo a pandemia puxo de manifesto algunhas limitacións, de xeito que a reforma do emprego público está chamada a ser un asunto relevante na denominada nova normalidade, para alumear un cambio de modelo que atenda ás necesidades que se veñen expoñendo.
  • Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro electrónico na Xunta de Galicia

    Xornadas / Luns, 25 de Abril de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca unha nova xornada de formación práctica dixital sobre o rexistro electrónico da Xunta de Galicia que se desenvolverá o día 10 de maio. 
  • Novas actividades formativas en materia de economía pública

    Cursos / Venres, 22 de Abril de 2022.

    Consonte os obxectivos do Instituto de Economía Pública de Galicia, recollidos no protocolo de colaboración polo que se establecen os principios reitores e de funcionamento do devandito instituto, e aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2022 polo Consello Reitor, convócanse novas actividades de formación continua en materia de economía pública.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 48 de 254
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212