Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso superior sobre o Plan xeral de contabilidade

    Cursos / Xoves, 21 de Abril de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, dentro do programa de actividades do Instituto de Economía Pública de Galicia, un curso superior que ten por obxecto adquirir ou, de ser o caso, actualizar os coñecementos do alumnado no Plan xeral de contabilidade, analizando as novidades máis relevantes da última reforma contable en vigor desde o 1 de xaneiro de 2021 e que afecta a normativa sobre instrumentos financeiros e recoñecemento de ingresos.
  • A EGAP forma a empregados públicos en materia de fiscalidade internacional

    Cursos / Martes, 19 de Abril de 2022.

    Un total de corenta empregados públicos das administracións galegas participan desde hoxe e ata o vindeiro 12 de maio no curso monográfico Introdución á fiscalidade internacional, organizado pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia. 
  • Curso superior en ciberseguridade

    Cursos / Martes, 19 de Abril de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca o curso superior en ciberseguridade para afondar no coñecemento desta materia, tanto desde unha perspectiva técnico-xurídica como desde unha perspectiva práctica.
  • Curso monográfico Economía política e estabilidade orzamentaria

    Cursos / Martes, 12 de Abril de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca un curso monográfico dirixido a estudar e analizar os conceptos básicos sobre as políticas públicas relacionadas co principio de estabilidade orzamentaria.
  • Cursos de formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    Cursos / Mércores, 6 de Abril de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio con Cualtis, S.L.U., convoca cursos de prevención de riscos laborais dirixidos ao persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención dos centros de traballo da provincia de Lugo recollidos na convocatoria. 
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 49 de 254
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212