Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Publicada a convocatoria extraordinaria de actividades de formación continua

    Cursos / Mércores, 25 de Maio de 2022.

    Convocadas as actividades de formación continua correspondentes ao primeiro semestre do ano 2022 para o persoal ao servizo da Administración xeral autonómica de Galicia, da Administración institucional e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, rexistrouse un elevado número de solicitudes nalgunhas da actividades formativas que é preciso atender. En consecuencia, desde a EGAP decidiuse responder a esta demanda mediante a realización dunha convocatoria extraordinaria.
  • A EGAP celebra o Día das Letras Galegas e os 35 anos de existencia da Escola

    A Escola / Venres, 20 de Maio de 2022.

    O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, inaugurou hoxe, venres, en Santiago, os actos conmemorativos de celebración do 35 aniversario da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), acompañado pola directora da entidade, Sonia Rodríguez-Campos. No acto tamén participaron a directora do Instituto Cervantes en Burdeos, Luisa Castro, e o escritor Xosé Carlos Caneiro.
  • Convocados os cursos correspondentes ao primeiro semestre do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galicia do ano 2022

    Cursos / Mércores, 18 de Maio de 2022.

    Con data do 27 de abril de 2022 a Consellería de Emprego e Igualdade e a Escola Galega de Administración Pública subscribiron un convenio para a organización do Plan anual 2022 para o persoal do Servizo Público de Emprego de Galicia que forma parte do proxecto Plan de formación permanente para el persoal do SNE (2021-2023), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
  • Día das Letras Galegas 2022

    A Escola / Martes, 17 de Maio de 2022.

    Con este vídeo a Escola Galega de Administración Pública quere homenaxear ao poeta Florencio Delgado Gurriarán no Día das Letras Galegas.
  • Webinario Acceso á información pública. Sistema de atención á cidadanía (Siaci)

    Xornadas / Venres, 13 de Maio de 2022.

    O sector público autonómico pon ao dispor da cidadanía os medios para facilitarlles o exercicio dos seus dereitos, o cumprimento dos seus deberes e o acceso aos servizos públicos. Este conxunto de medios articúlase mediante o Sistema integrado de atención á cidadanía da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (Siaci), que ten entre as súas principais funcións a de proporcionar á cidadanía información de carácter xeral, particular ou pública.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 44 de 251
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212