Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública

    Xornadas / Martes, 25 de Outubro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, convoca para o 8 de novembro unha nova xornada de formación práctica dixital sobre sistemas para a contratación pública.
  • II Curso de cuestións de actualidade e relacións de colaboración con axentes implicados na disciplina urbanística

    Cursos / Luns, 24 de Outubro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia de Protección da Legalidade Urbanística convoca a segunda edición do Curso de cuestións de actualidade e relacións de colaboración con axentes implicados na disciplina urbanística coa finalidade de avaliar as principais novidades normativas na materia desde o enfoque da práctica diaria, clarificar as relacións entre suxeitos que operan na defensa da ordenación do territorio, do urbanismo e do litoral e obter a visión dos diferentes axentes que colaboran para o exercicio das súas respectivas potestades e competencias.
  • A EGAP aposta por unha formación actual e de calidade para xestionar os fondos europeos de recuperación Next Generation con eficacia e eficiencia

    Xornadas / Venres, 21 de Outubro de 2022.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, puxo hoxe en valor a importancia dunha formación actualizada e de calidade dos empregados públicos nos fondos europeos de recuperación Next Generation para xestionalos con eficacia e eficiencia. “Os fondos comunitarios supoñen unha oportunidade extraordinaria para recuperar a senda do crecemento e, ademais, para impulsar unha modernización da economía española mediante un proceso de transformación estrutural que nos permita, a longo prazo, un desenvolvemento máis sostible e resiliente desde o punto de vista financeiro, social, territorial e ambiental”, apuntou.
  • Curso sobre as aplicacións prácticas da Lei de subvencións de Galicia, o seu regulamento e os fondos europeos no novo marco temporal Feder 2021-2027

    Cursos / Venres, 21 de Outubro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), convoca un curso mixto (teleformación, telepresenza e presencial) de 35 horas dirixido en exclusiva ao persoal laboral e persoal funcionario con destino no Igape.
  • Webinario A Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia

    Xornadas / Xoves, 20 de Outubro de 2022.

    Seguindo as premisas da normativa europea, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o 12 de decembro de 2019 a Estratexia galega de economía circular 2020-2030. Posteriormente, a Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia, incorpora como principios inspiradores a economía circular e a loita contra o cambio climático. Este webinario quere dar a coñecer a citada e lei, que ten por obxecto, ademais de regular o réxime xurídico dos solos contaminados, a regulación da produción e xestión sostible dos residuos, potenciando medidas que preveñan a súa produción e diminúan os impactos adversos sobre a saúde humana e o ambiente, vencellados á súa xeración e xestión, ao tempo que se fomenta o uso sustentable dos recursos e a transición a unha economía circular e baixa en carbono no territorio de la Comunidad Autónoma de Galicia.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 43 de 256
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212