Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Xornadas O control externo local no exercicio 2022: balance práctico e recomendacións.

    Xornadas / Martes, 11 de Abril de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca para os días 20 e 21 de abril as xornadas O control externo local no exercicio 2022: balance práctico e recomendacións. Esta actividade consistirá nunha exposición das funcións básicas do Consello de Contas de Galicia desde a Área de Corporacións Locais, para, a continuación, efectuar exposicións, eminentemente prácticas, dos produtos elaborados no exercicio 2022, as súas conclusións e as principais recomendacións de mellora efectuadas. Esta visión complementarase coa exposición da experiencia doutros órganos autonómicos de control externo e o Tribunal de Contas Europeo.
  • Curso superior sobre planificación estratéxica, xestión e comunicación no ámbito da economía pública de Galicia

    Cursos / Xoves, 30 de Marzo de 2023.

    A EGAP, ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca un curso dirixido a dar a coñecer ao persoal directivo e predirectivo da Administración autonómica os principais retos e medidas en materia de planificación estratéxica da economía pública galega, esencial para garantir o desenvolvemento económico sostible e para asegurar que os recursos públicos se utilicen de maneira responsable e eficiente.
  • Curso monográfico Economía política e estabilidade orzamentaria

    Cursos / Mércores, 29 de Marzo de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia, un curso monográfico dirixido a estudar e analizar os conceptos básicos sobre as políticas públicas relacionadas co principio de estabilidade orzamentaria.
  • Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública

    Xornadas / Mércores, 29 de Marzo de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, convoca para o 11 de abril unha nova xornada de formación práctica dixital sobre sistemas para a contratación pública.

  • Cursos de formación en prevención de riscos laborais de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    Cursos / Mércores, 29 de Marzo de 2023.

    A EGAP, a través dun convenio de colaboración con Cualtis, S.L.U., convoca cursos de formación en prevención de riscos laborais de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación dirixidos ao persoal dos equipos de alarma e evacuación, e de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, do Edificio Administrativo de Lugo.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 40 de 262
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212