Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso de formación sobre o Ministerio Fiscal e as dilixencias de investigación

    A Escola / Luns, 3 de Outubro de 2022.

    Grazas a un convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, convócase un curso en teleformación para dar a coñecer as normas substantivas e procesais do trámite de dilixencias de investigación levadas a cabo na Fiscalía.
  • Convocatoria extraordinaria do programa de autoformación

    A Escola / Martes, 27 de Setembro de 2022.

    Ante o elevado número de solicitudes rexistradas para o programa de autoformación de 2022, a EGAP convoca 4.400 prazas para novas probas de avaliación do dito programa. Estas probas van dirixidas ao persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia.
  • Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia

    A Escola / Venres, 23 de Setembro de 2022.

    A EGAP convoca, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, unha nova xornada de formación práctica dixital que terá lugar o próximo 11 de outubro.
  • Curso Lei xeral orzamentaria

    Cursos / Xoves, 22 de Setembro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca un curso en teleformación que ten como finalidade que o alumnado se achegue á Lei xeral orzamentaria de xeito que poida adquirir ou, se é o caso, actualizar os seus coñecementos na materia.
  • Curso superior sobre auditoría no sector público

    Cursos / Xoves, 22 de Setembro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca un curso dirixido a afondar no coñecemento, desde unha perspectiva aplicada, dunha das principais técnicas de control da xestión pública. En particular, preténdese proporcionar os instrumentos necesarios para desenvolver auditorías eficaces no seo das administracións. Para tal fin, analizarase todo o proceso dunha auditoría desde a súa planificación ata a execución do traballo e a elaboración de informes, a difusión dos seus resultados e o seguimento de recomendacións.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 39 de 251
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212