Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • IX Xornada de formación práctica dixital (E-martes)

    Xornadas / Mércores, 21 de Outubro de 2020.

    O próximo 3 de novembro terá lugar na EGAP unha actividade formativa, dirixida tanto a empregados públicos coma á cidadanía, que constará dunha introdución xurídica (común) e posterior práctica nas aulas de informática da escola.
  • II Curso monográfico A innovación social no sector público

    Cursos / Xoves, 15 de Outubro de 2020.

    Despois do éxito da primeira edición, impartida o pasado mes de xuño, a EGAP volve convocar este curso monográfico coa finalidade de familiarizar o alumnado cos conceptos e procesos básicos da innovación social, con especial atención á súa relevancia, aplicación e particularidades no sector público, entendendo por innovación social o deseño e posta en práctica de novas solucións (modelos, produtos, servizos e políticas) que permitan responder mellor que coas xa existentes a determinados retos sociais.
  • Webinario Protección de datos a partir da pandemia COVID-19

    Xornadas / Martes, 13 de Outubro de 2020.

    A EGAP convoca para o próximo 29 de outubro un webinario co obxectivo de tomar coñecemento das últimas novidades na aplicación da normativa de protección de datos a partir da emerxencia sanitaria derivada da pandemia COVID-19 e analizar o impacto das medidas adoptadas sobre os dereitos recollidos na devandita normativa.
  • A Escola reforza as actividades en materia de protección de datos no contexto da covid19

    Xornadas / Martes, 29 de Setembro de 2020.

    Esta mañá tivo lugar na EGAP a xornada Protección de datos a partir da pandemia Covid-19, na que participaron 60 empregadas e empregados públicos. A actividade foi organizada co fin de tomar coñecemento das últimas novidades na aplicación da normativa de protección de datos a partir da emerxencia sanitaria derivada da pandemia COVID-19 e analizar o impacto das medidas adoptadas sobre os dereitos contemplados en dita normativa.
  • VIII Xornada de formación práctica dixital (E-martes)

    Xornadas / Venres, 25 de Setembro de 2020.

    A EGAP, en colaboración coa Amtega, convoca para o vindeiro 6 de outubro un novo e-martes sobre os sistemas para a contratación pública (portal Contratos de Galicia. Licitación electrónica Silex. Rexistro Xeral de Contratistas. Sistema electrónico de facturación). Este contido adaptarase aos dous grupos de persoas a que vai dirixida a actividade e constará dunha introdución xurídica (común) e posterior práctica nas aulas de informática da Escola.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 80 de 257
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212