Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Solicitude de cita previa para o rexistro da EGAP

    A Escola / Luns, 22 de Xuño de 2020.

    A partir do 22 de xuño será imprescindible solicitar cita previa para acudir ao rexistro da EGAP, situado na planta baixa do edificio.
  • Webinario: O levantamento da suspensión dos prazos administrativos e procesuais: cuestións prácticas de interese

    Cursos / Venres, 29 de Maio de 2020.

    O próximo xoves 4 de xuño ás 12 horas terá lugar un seminario web dirixido a analizar o levantamento da suspensión dos prazos administrativos e procesuais. O Acordo do Congreso dos Deputados do 20 de maio de 2020 autorizando a prórroga do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, dispón o levantamento da suspensión de termos e da interrupción de prazos administrativos, prazos procesuais e prazos de prescrición e caducidade de accións e dereitos, con efectos desde o 1 e o 4 de xuño de 2020 de forma respectiva. O alambicado réxime contido no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, xera unha boa dose de incerteza e inseguridade en forma de interrogantes que convén resolver canto antes.
  • Convocadas as subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia

    A Escola / Martes, 19 de Maio de 2020.

    A EGAP publica no DOG do 19 de maio as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación para o emprego promovidos polas entidades locais de Galicia no marco do AFEDAP.
  • Reapertura da biblioteca da Escola

    A Escola / Martes, 19 de Maio de 2020.

    A partir do 20 de maio a biblioteca da Escola Galega de Administración Pública reabre para a recollida e a devolución de exemplares con cita previa. Esta debe solicitarse ao correo electronico biblioteca.egap@xunta.gal ou ao teléfono 981 546 324. O estudo e a consulta en sala non estarán permitidos ata novo aviso.
  • Curso monográfico A innovación social no sector público

    Cursos / Luns, 18 de Maio de 2020.

    A extraordinaria situación provocada nos últimos meses pola pandemia do coronavirus creou incentivos particularmente poderosos para a innovación social. Así, a aparición súbita dun conxunto de problemas sociais novos para os que as solucións existentes non semellaban adecuadas provocou a proliferación de alternativas innovadoras, algunhas máis sutís ca outras. Con fins ilustrativos, o curso utilizará numerosos exemplos extraídos da resposta ante a emerxencia sanitaria da COVID-19 e as súas consecuencias. O foco porase en exemplos centrados no sector público ou vinculados a colaboracións público-privadas.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 83 de 257
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212