A EGAP, en colaboración coa Amtega, convoca unha nova edición da xornada de formación práctica (e-martes) sobre o Rexistro electrónico na Xunta de Galicia que terá lugar na EGAP, en Santiago de Compostela.
A EGAP convoca para o 19 de novembro un webinario sobre o persoal funcionario interino impartido no marco do ciclo de conferencias titulado Presente e futuro do emprego público na Administración post COVID.
A EGAP convoca dous cursos en teleformación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais nas tarefas de tipo administrativo, dirixidos ao persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino no partido xudicial de Pontevedra e nos xulgados de primeira instancia e instrución e xulgados de paz da provincia de Pontevedra.
A EGAP actualiza o protocolo para o restablecemento da actividade formativa presencial da EGAP así como para o uso específico que das súas aulas realicen outros organismos da Xunta de Galicia que garanta a prevención dos riscos por contaxio polo coronavirus.
A través dun convenio asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a EGAP convoca un curso na modalidade de telepresenza sobre transparencia administrativa e acceso á información pública.